• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

Jëan Fixx publica Planeador con RDF.

10 Marzo, 2022 by Ruido de Fondo Novas
PLANEADOR é o primeiro single de “2084”, o primeiro LP de Jëan Fixx, composto como unha alegación épica para a cohesión social en clave de música para a pista de baile. O vídeoclip promocional que o acompaña, ideado e dirixido por el mesmo, móstranos unha sociedade completamente militarizada nun tempo indeterminado. O discorrer das imaxes descóbrenos un momento de crise a modo de operación de rescate, onde restaurar os vínculos arrasados por unha catástrofe global que deixou ás persoas nunha situación de vulnerabilidade absoluta como entes atomizados desconectados da súa esencia relacional. O motor implacable de PLANEADOR mergúllanos nunha pasaxe musical de inspiración electro onde un sintetizador retrofuturista déixase caer esperando unha aterraxe suave, glorioso e sedante para a reunificación social.
Este single está publicado no selo discográfico de RUÍDO DE FONDO, axencia de Booking ESQUÍO, vídeoclip realizado coa colaboración de SINCRO AUDIOVISUAL na produción técnica.
Back

+RDF MAG

  • ˈSueñosˈ por Le Motel.
    8 Marzo, 2022
    Teresa Ferreiro
  • Grime de trinchera. Ellas mandan.
    9 Setembro, 2021
    Marcos Gendre
  • Moscú: 24 hour Russki People.
    8 Xullo, 2021
    Marcos Gendre
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale