CICLO VANGAL – TERESA FERREIRO E FAIA
Teresa Ferreiro | |
7 noviembre, 2020 | |
11:30 am | |
SANTIAGO DE COMPOSTELA | |
Museo do Pobo Galego |
PROGRAMACIÓN SÁBADO 7 NOVEMBRO
A intervención de Teresa Ferreiro mostrará unha colección de obras creadas nos últimos cinco anos e unha serie realizada concretamente para o Museo do Pobo, unha reinterpretación dos debuxos do artista e político Castelao, en referencia ás obras da colección “Galicia Mártir” e “Atila en Galicia”. As súas ilustracións teñen un estilo que recorda aos debuxos animados de Disney e ao anime nas expresións e movemento das personaxes pero tamén na xestión da cor – mesturando cores flúor con cores pasteis – común na animación xaponesa. Nas temáticas, as ilustracións mesturan o doce, o violento, o político e o enigmático dunha forma moi persoal. A presentación do seu traballo será en forma de entrevista conducida polo xornalista Marcos Gendre, no que abordará as súas creacións e o seu traballo académico, que trata o xénero testemuñal e feminista na banda deseñada.
CHARLA CICLO VANGAL – FAIA
Sábado 06 de Novembro. 12:30
Museo do Pobo Galego, Costa de San Domingos, Santiago de Compostela.
Para a intervención, Faia Díaz centrarase no material sonoro do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI – Museo do Pobo Galego), un xogo que lle servirá para falar do uso deste patrimonio inmaterial en relación co seu traballo creativo.
CICLO VANGAL – TERESA FERREIRO
Sábado 07 de Novembro. 18:00
Museo do Pobo Galego, Costa de San Domingos, Santiago de Compostela.
A ilustradora e DJ Teresa Ferreiro, santiaguesa de orixe, trasladouse a Londres despois de rematar a carreira de Belas Artes en Pontevedra. Alí estableceu unha relación con persoas de distintas nacionalidades e ambientes, interesadas moitas delas na música electrónica. Comezou a vivir co grupo de DJs Cheeky Soundsystem no sur desta cidade. Ao mesmo tempo, involucrouse na vida activista pro-feminista e traballou deseñando carteis para o coñecido club LGBTQ Dalston Superstore e as súas festas queer Happy Endings. Nos seus DJ SETs pódense atopar referencias á música latina, pasando polo xénero house, a música tradicional galega e o tecno escuro e experimental.
A actuación será na Igrexa de San Domingos de Bonaval con entrada polo Museo.
Podes escoitala aquí: soundcloud.com/tareixxxa
[Entrada de acceso á actuación, intervención da artista e o Museo do Pobo Galego].
CICLO VANGAL – FAIA
Sábado 07 de Novembro. 20:00
Museo do Pobo Galego, Costa de San Domingos, Santiago de Compostela.
Faia Díaz presentará no ciclo VanGal 2.0 o seu primeiro disco, Ao cabo leirín, un proxecto que vai más alá do musical, e que supón un proxecto de investigación arredor das cancións, das historias que contan e das mulleres que as cantan. Tamén é unha experimentación da súa propia voz e do escoitarse en diferentes espazos. A proposta do directo, preséntanos un concerto íntimo e sensorial para deixarse levar polo canto, a voz e as percusións tradicionais de Faia acompañadas por Benxamín Otero no corno inglés e a caixa de música.
A actuación será na Igrexa de San Domingos de Bonaval con entrada polo Museo.
Coñece o proxecto de Faia: faia.gal
[Entrada de acceso á actuación, intervención da artista e Museo do Pobo Galego].