• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TIENDA
  • Contacto
  • GAL

Trajedesaliva. Mima

15 enero, 2021 by Marcos Gendre SURCOS PASADOS

Trajedesaliva. Mima

Se hai un xenero da música indie que, en Galiza, deu con algunhas das variables máis personais que se lembran, ese foi a indietrónica, se é que se pode limitar a estes contornos todo o que ofrecen actos de autodescubrimento total como Todo sigue intacto (2002), de Apeirón, e Mima de Trajedesaliva. Este último foi toda unha rareza no seu ano de saída, o 2000.
Entre outras cousas, estamos falando dun grupo vigués que, dende os mesmos nomes dos seus integrantes, invocan ao misterio. Unavena, Mil Dvina e Mon Ninguén son tres dos cinco membros do grupo galego, autores desta obra, de difícil catalogación, na que surcan por ideas, músicas e influencias, que abarcan dende o avant-garde ate o trip-hop, pasando polo krautrock e a propia indietrónica.
Mon Ninguén e Unavena. Imaxe via instagram.
Para dar cunha receita tan especial, eles mesmos explican como foi o traballo adicado a compoñer as pezas que conformaron a fisionomía difusa de Mima:
O proceso creativo de Mima durou máis ou menos un ano, durante o que fixemos unha preparación moi minuciosa do que ía ser o disco, tanto musical como esteticamente e conceptualmente.
No momento no que gravamos (1999, 2000) os ordenadores aínda non comezaran a usarse masivamente para producir música. Realmente procedíamos da gravación do noso álbum anterior, O corpo e a cidade, nun minidisc de catro pistas. Foi un xeito de traballar tan precario que obrigou a facer cousas como pre-gravar todo o posíbel nun secuenciador. A continuación, botabas iso en estéreo a dúas das catro pistas que tiñas e logo, o que quixeras engadir. Te a xogabas por ti mesmo, porque tiñas que botalo en directo mentres tocabas. De tolos.
Non obstante, para gravar Mima tivemos primeiro acceso a un estudo con Pro Tools. Non é que aproveitásemos as súas posibilidades, pero si que permitiu gravar cada pista tranquilamente. Esa foi a principal diferenza: poder tomar moito tempo, en lugar de secuenciar tanto, e probar máis cousas coas voces.
Tamén o recordamos como unha gravación moi tranquila. Foi nunha pequena cidade próxima a Cambre, onde, sobre todo, gravou xente popular. De súpeto, un día te atopabas con Mercedes Peón e outros músicos que acabaron sendo a vangarda da música tradicional galega, como Pedro Lamas ou Xosé Lois Romero, e alí estabamos, cargados de sintetizadores baratos, coas nosas frikadas e escuridades, comentando as nosas cousas con eles. A verdade é que o ambiente era xenial.
Dende “Intromisión”, por momentos lembran ao folk sacro que Popol Vuh construíu en en elepés como Hossiana Mantra (1972), atravesado cunha corrente trip-hop serpenteante. Pola súa parte, “Traslúdico” soa baixo parámetros ambient lo-fi, en clave Kosmische alemá, sempre dentro dunha estrutura que lembra ao post-rock outonal que adoitaron a facer grupos británicos dos anos noventa como Bark Psychosis. Neste segundo corte, tamén sobrevoan voces de trazo galaico, nunha representación certamente única da materia máis experimental do que nos ofreceu o pop de vangarda dos anos noventa.
Marcos Gendre

Obseso crónico de la espeleología musical, autor de una treintena de ensayos musicales y miles de artículos, en TiuMag, El Salto o Rockdelux, entre otras publicaciones.

Back

+RDF MAG

  • ˈSueñosˈ por Le Motel.
    8 marzo, 2022
    ARTÍCULOS
    Teresa Ferreiro
  • Grime de trinchera. Ellas mandan.
    9 septiembre, 2021
    ARTÍCULOS
    Marcos Gendre
  • Moscú: 24 hour Russki People.
    8 julio, 2021
    ARTÍCULOS
    Marcos Gendre
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale