• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TIENDA
  • Contacto
  • GAL

Teresa Ferreiro no Sons da Canteira 2021.

26 agosto, 2021 by Ruido de Fondo NOTICIAS

A modernidade da música galega entra nunha canteira en restauración no Porriño.

Sons da Canteira é un festival de música galega organizado polo Concello do Porriño que se celebra o 28 de agosto na canteira en proceso de restauración de Vilafría. Arrinca a súa segunda edición cun cartaz de catro artistas galegos/as e unha artista internacional da música e da videocreación nunha contorna de grande valor, coa motivación da recuperación do territorio.
Actúan PONGO, BOYANKA KOSTOVA, VERTO, MOUNQUP (estrea do espectáculo MQAVS), a DJ TERESA FERREIRO e o OS PENEDIÑOS DE ATIOS. Todos eles proxectos moi persoais que achegan dalgún xeito a tradición galega e internacional á vangarda e á electrónica.
A muralla de pedra serve de singular escenario e sobre ela empregarase videomapping para que os grupos emitan as súas proxeccións.
Teresa Ferreiro é investigadora musical, activista pro-feminista e pro-LGBTQ, harmonizadora de ritmos de diferentes orixes e xéneros, a súa ampla formación como DJ levouna ás pistas dos mellores clubs e festivais culturais. Nos seus sets pódese atopar dende unha canción de salsa ata o xénero house/nu disco ou unha canción de Leilía mesturada con techno escuro e experimental.
Vídeo: Gael Carballo | Música: Leo Sousa
Máis info: https://sonsdacanteira.gal
Entradas e tickets de bus:  https://sonsdacanteira.gal/entradas/
Back

+RDF MAG

  • Camino al ZZEN. Entrevista con Russ.
    8 noviembre, 2022
    ENTREVISTAS
    Teresa Ferreiro
  • Entrevista a Ibeyi. “Hablar de los muertos, de la historia, es radical” Parte 2.
    2 agosto, 2022
    ENTREVISTAS
    Teresa Ferreiro
  • Entrevista a Ibeyi. “Soy los sueños más salvajes de mis ancestros” Parte 1.
    26 julio, 2022
    ENTREVISTAS
    Teresa Ferreiro
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale