• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

Crónicas Ciclo Vangal (II) Faia

16 Novembro, 2020 by Ruido de Fondo Ciclo Vangal

Crónicas do Ciclo Vangal ou a expresión cultural como ben necesario.

Unicamente acompañada polo corno inglés de Benxa e unha pandeireta ocasional, Faia volveu demostrar por que é a figura máis poliédrica dentro da concepción minimalista da tradición musical galega de hoxe en día.
Escenario en la Iglesia San Domingos de Bonaval. Foto: Denís Estévez.
Xa fóra desde os temas do brillante Ao cabo Leirín (2019) ou a través da súa reinterpretación doutros cantos populares, a súa voz mercurial asolagou cada átomo da íntima atmosfera cultivada a través da nocturnidade que se coou por cada unha das vidreiras da impoñente igrexa de San Domingos de Bonaval.
Benxa e Faia. Foto: Denís Estévez
A maridaxe do seu canto doce pero intenso fogueaba emoción en óso cando rozaba co aterciopelado e tímido leito sónico do corno inglés. Beleza outonal en aras da legitimización da reinvención do pasado como portal cara a outras realidades presente-futuras. E neste camiño labrado, a actuación de Faia na primeira edición do ciclo Vangal foi unha faragulla máis nunha viaxe de labirintos coñecidos pero mostrados con ollos novos.
Faia y Benxa en la Iglesia de San Domingos de Bonaval. Foto: Denís Estévez
Faia en la Iglesia de San Domingos de Bonaval. Foto: Denís Estévez
Intervención, charla y concierto de Faia en el Ciclo Vangal 2020.  Fotos de Denís Estévez.
Back
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale