• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

O Museo do Pobo Galego acollerá a primeira edición do Ciclo VanGal.

12 Outubro, 2020 by Ruido de Fondo Novas

O Museo do Pobo Galego acollerá a primeira edición do ciclo VanGal.

  • O ciclo VanGal terá lugar os días 6, 7 e 8 de novembro con concertos na Igrexa de Santos Domingos de Bonaval e intervencións en diferentes espazos do museo.
  • As artistas protagonistas desta primeira edición son MounQup, Faia, Laura LaMontagne xunto a  PicoAmperio e Teresa Ferreiro.
  • Esta actividade está organizada por Ruído de Fondo e o Museo do Pobo Galego. Conta co apoio da Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia.
Laura LaMontagne & PicoAmperio
O Museo do Pobo Galego acollerá os días 6, 7 e 8 de novembro o ciclo VanGal 2.0, un evento multidisciplinar que combinará actuacións musicais de catro artistas na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval con coloquios e intervencións expositivas en diferentes espazos do museo.
A primeira edición do ciclo VanGal terá como protagonistas a MounQup, o proxecto da francesa Camille Hèdouin; a Faia Díaz, coa presentación do seu primeiro disco Ao cabo leirín; a Laura LaMontagne xunto a PicoAmperio na súa reinterpretación da tradición lírica da canción galego-portuguesa; e a a  DJ e ilustradora Teresa Ferreiro. Catro artistas, que desde os seus diferentes ángulos de traballo, están a abrir novas caligrafías que van desde a electrónica aos ambientes íntimos no musical, cuns perfís que abarcan diferentes disciplinas artísticas e cunha intensa posta en escena que evade arquetipos xa coñecidos.
Mounqup y Teresa Ferreiro.
O obxectivo da actividade será poñer o foco nestas catro figuras da reforestación folclórica a través da vangarda alternativa galega para dar a coñecer toda a riqueza das súas propostas. Con este fin, antes de cada actuación terá lugar unha intervención de cada unha delas. Nestes puntos de encontro co público presentaranse as súas intervencións expositivas e ademais servirán para profundar nas súas traxectorias e visións artísticas, para mostrar as conexións e pontes transoceánicos con outras culturas e para evidenciar a trasmisión dunha Galicia políglota, feminina e actual.
Os concertos terán lugar na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval e as charlas e exposicións repartiranse por diferentes espazos e salas do Museo do Pobo Galego. O aforo para asistir a estas actividades será limitado e controlado, tendo que retirar as entradas previamente.

Entradas Ciclo VANGAL Museo do Pobo Galego.

 Esta actividade está organizada polo Museo do Pobo Galego e o colectivo Ruído de Fondo, con Marcos Gendre e Adrián Ferreiro como membros organizadores desta edición. Conta co apoio  de a  Deputación dá Coruña, de o Concello de Santiago e da Xunta de Galicia.
FAIA & Benxamín Otero “Ao cabo leirín – Canto de sega”
Back
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale