Trajedesaliva. Mima
Se hai un xenero da música indie que, en Galiza, deu con algunhas das variables máis personais que se lembran, ese foi a indietrónica, se é que se pode limitar a estes contornos todo o que ofrecen actos de autodescubrimento total como Todo sigue intacto (2002), de Apeirón, e Mima de Trajedesaliva. Este último foi toda unha rareza no seu ano de saída, o 2000.
Entre outras cousas, estamos falando dun grupo vigués que, dende os mesmos nomes dos seus integrantes, invocan ao misterio. Unavena, Mil Dvina e Mon Ninguén son tres dos cinco membros do grupo galego, autores desta obra, de difícil catalogación, na que surcan por ideas, músicas e influencias, que abarcan dende o avant-garde ate o trip-hop, pasando polo krautrock e a propia indietrónica.
