• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

O Melona Fest volve en Semana Santa.

5 Abril, 2022 by Ruido de Fondo Novas
Envorcados na necesidade natural de mostrarnos valores emerxentes asociados ao progresivo cambio de audiencia que estamos a vivir. Así é como retorna o MelonaFest, un evento que este ano, á parte de en setembro, tamén se celebra entre o 14 e 16 de abril en diferentes espazos de Santiago de Compostela, como a mítica sala Malatesta, entre outros.
Xa na súa sétima edición, o Melona Fest retorna coas súas características habituais, centradas en expresar a renovada relixión pop, cuxos extremos se equilibran entre a pulsión urbana e a innovación, xa sexa desde a vangarda ou a través dun caleidoscopio estilístico que rexeita os arquetipos do pasado.
Promovido pola produtora a Melona, esta nova edición conta co plus de presentarnos unha serie de actuacións nas que destaca a visión policromática do seu propósito central: tecer redes en todas direccións, creando un espazo común para todas as partes integradas dentro da experiencia musical.
Dentro deste obxectivo, emerxe un dos propósitos principais do Melona Fest: expoñer o rico viveiro cultural que funde Galicia con Portugal, representado en propostas como o produtor e DJ Dá Rocha ou a impoñente formación darkwave Conferência Inferno.
Artistas e audiencia reuniranse nun espazo común de creatividade en estado puro, canalizada a través do punk neo bakala despregado por VVV [Trippin’ You], a reinvención folktrónica de Teresa Ferreiro, o post-hardcore século XXI de YOUCANTHIDE ou o urban pop de Dani. Iso sen esquecernos da transmutación galaica de Arca levada a cabo por CRNDS, un fenómeno viral como Chill Mafia ou propostas tan atractivas como Mainline Magic Orchestra, Beatrix Weapons, PV3000, ElectroConas e Mahía.
De semellante crisol multiestilístico, brota unha das citas máis frescas e representativas do noso actual mapamundi pop, ideal para fundirse coa inconfundible aura cultural santiaguesa durante tan festivos días.

Entradas á venta aquí.

Back
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale