Onte, Laura LaMontagne & PicoAmperio levaron o premio a mellor proxecto na sección de “músicas urbanas” nos Premios Martín Códax da Música. Desde RDF, hoxe toca celebrar o que supón o recoñecemento a un proxecto onde vangarda e tradición callaron nun elixir de fragrancias revitalizantes, orgánicas e plenas de escotillas abertas cara á inquietude anti-ortodoxa, que cuestiona os canons establecidos.
A continuación, deixámosvos con algúns dos exemplos que mostran a relevancia da sua labor de investigación, realizada ata a data.
Podes ver a actuación completa no festival Sons da Canteira na seguinte ligazón:
Laura LaMontagne & PicoAmperio – Sons da Canteira 2020
Laura LaMontagne & PicoAmperio estarán en directo o día 8 de Novembro na Igrexa San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, dentro do Ciclo Vangal que terá lugar no Museo do Pobo Galego os días 6, 7 e 8 de Novembro acompañados de MounQup, Faia e Teresa Ferreiro.
Actualmente as entradas xa están esgotadas.