FLOATING POINTS, PHAROAH SANDERS & LONDON SYMPHONY ORCHESTRA: “PROMISES”
Arcadia jazz ambient, que cohabita o mesmo espazo cósmico onírico do selo jazz atmosférico ECM, con “Promises”, Floating Points realizou a mellor homenaxe en vida que un saxo tan icónico como Pharoah Sanders poida ter. E é que esta coalición, apoiada pola London Symphony Orchestra, non deixa de ser unha conexión total co ADN espiritual do cal Pharoah impregnouse na súa tempada como membro do grupo de John Coltrane. Aí é nada.
Neste sentido, Pharoah é o músculo dentro dun cadro impresionista en bucle, circular, debuxado por un Floating Points envorcado nunha repetición obsesiva, coma se debuxase en diferentes encadres a mutación cristalina dun ostinato de baixo.
Dividido en nove movementos, “Promises” avanza ao longo dunha concatenación maxestosa de pezas, sempre mirando cara aos ceos jazz barrocos, na mellor tradición dos anos setenta. Desta visión, xorden momentos maxestáticos como “Movement 6”, onde o protagonismo corre a cargo do apoio orquestral, medido na súa presenza mínima, como unha brisa outonal que empapa todo o demais nunha intensa brétema melodramática, na liña dos arranxos orquestrais que facía David Van de Pitte nos anos dourados da Motown.
En definitiva, “Promises” é un peche crepuscular de intenso magnetismo sinfónico, no que Sanders, aos seus 80 anos, realiza un dos traballos máis estremecedores da súa carreira, e que, en certa maneira, tamén conecta con LPs como o sublime “Lord of the Lords”(1972) de Alice Coltrane. Sen dúbida, un sortilegio pleno de razóns para subliñar un dito tan manido como “a experiencia é un grao”, o cal aquí se materializa de forma rotunda e, absolutamente, astral.
Obseso crónico da espeleoloxía musical, autor dunha trintena de ensaios musicais e miles de artigos, en TiuMag, El Salto ou Rockdelux, entre outras publicacións.
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale