Recentemente reeditado, a aventura poética de Lúa Mosquetera prosegue o seu camiño de palabras-cepo e historias cernadas de ornamentos superficiais. O seu é pura supervivencia vital, momentos arrincados do corazón dos días. Rutina do menos é máis, onde o ritmo musical das súas construcións parecen nacer dunha versión século XXI do spoken word flamíxero de Patti Smith. Porque nos poemas desta activista do lingua to the face o verbo sempre arde en chamas. As súas cinzas ensucian os bos modais e toda convención abonada ao rictus do “politicamente correcto”. Aquí non hai oco para preciosismos inocuos nin rimas indoloras. Non. “Aunque seas rara y seas pájaro” é un recital de palabras dentadas, que morden, sangran e, sobre todo, falan no noso idioma. O ceda o paso aos sentimentos servís foi tapiado a golpe de sinceridade a tumba aberta.
A travesía disposta discorre a través de situacións abocadas á reflexión do lector/a, que recoñeza os patróns de conduta retratados, balizados dun impulso vital a proba de bombas. Coma se o obxectivo final de Lúa fose lanzarnos unha granada de man coa que explotar e renacer en nos mesmxs. Teoría do ave Fénix, fabulosamente, retratada nesta edición de luxo que, literalmente, cóase pola escotilla do subconsciente. E que pon o lazo a unha proba máis á hora de ratificar a Lúa como unha das poetisas máis necesarias da nosa xeración, unha onde a poesía urbana feminista atopa novos ángulos de diálogo e, sobre todo, acción.
Obseso crónico da espeleoloxía musical, autor dunha trintena de ensaios musicais e miles de artigos, en TiuMag, El Salto ou Rockdelux, entre outras publicacións.
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale