Hoxe falamos coa nova revolución dentro da fusión electro-folk, o productor CRNDS (Alberto Cernadas) quen, este xoves, dous de decembro, fará unha posta en escena no museo Domus (A Coruña) como parte de programación do Fanzine Festival, no escenario representado por Ruido de Fondo. CRNDS presenta un directo do seu disco “Cernadas”, no que contará coa colaboración da maravillosa cantante tradicional Fransi González.
CRNDS (lido como Cernadas) é un compositor, DJ, produtor e fundador do selo independente Lindisfarne. O seu primeiro disco en solitario, “Cernadas”, estase a converter nun novo hito dentro da fusión da música electrónica ca música tradicional galega. CRNDS demostra unha sensibilidade polo canto lírico popular asociado á historia e a tradición da súa terra, Galicia, xunto a unha fascinación polos novos métodos tecnolóxicos de expresión musical. O artista entrelaza orgánicamente melodías electrónicas experimentais, que lembran artistas como Oneohtrix Point Never, Aphex Twin ou Maxwell Sterling, con letras e instrumentos asociados á tradición en Galicia, máis concretamente, á tradición do campo galega. Neste sentido, o seu novo disco ,”Cernadas”, funciona como unha sorte de fervura pola clase obreira, os símbolos ancestrais e os novos medios de expresión musical (alias, á linguaxe electrónica).
Na súa curta traxectoria, e non se sabe se grazas ou a pesar da súa presencia semi-misteriosa nas redes, CRNDS conseguiu a reacción de certo deslumbramento por parte do público e dos festivais de música experimental. Un exemplo é que poucos meses despois do lanzamento do seu primer disco, xa formaba parte da programación do festival MUTEK. O artista mostra ademáis gran refinamento e intelixencia nas súas eleccións para colaboracións. Ata día de hoxe a compartido proxectos con artistas como Cibrán Seixo, Sandra Monfort, Clara Fiol ou Fransy González, e promete sorprender con novas colaboracións no futuro preto.
Este xoves, dous de decembro, CRNDS fará unha posta en escena no museo O Domus (A Coruña) como parte de programación do Fanzine Festival e no escenario representado por Ruido de Fondo. Neste directo contará ca colaboración da cantante tradicional Fransy González. No mesmo día, actuará unha xoia da música electrónica onírica , Koroiev (Roberto Casteleiro) .A súa música foi derivando cara á banda sonora dunha historia imaxinaria, aínda que sen abandonar o concepto de instrumentación directa e de banda.Todo isto acompañado da participación visual da artista e pintora coruñesa Bea Rico Albaladejo, quen ilustrará, en directo, estas sesións. Aquí unha mostra do seu traballo, titulado “Path”
A continuación entrevistamos a Alberto Cernadas sobre os seus inicios co selo e como productor, a súa visión de proxecto, as controversias sobre o sentimento de identidade, o sentimento de apropiación e os seus desexos de futuro.
1. Fálame do teu selo Lindisfarne, cómo comeza?
O principio comezamos no selo Cibrán Seixo mais eu. Eu coñecín a Cibrán en Barcelona, estudábamos os dous na escola superior de música de Cataluña. A miña formación é de guitarra clásica e a súa de violín clásico, pero a música tradicional galega sempre estivo presente na súa vida dende que era pequeno. Foi a través de el que comecei a investigar máis este xénero.
Comezamos a facer cousas xuntos. Entre elas o seu proxecto final, do que derivou Prímula. Un tempo despois gravamos un EP xunto a Fran Barcia.
Máis ou menos o mesmo tempo eu comecei a pinchar e, esta actividade de mesturar música de outra, xente foi como unha sorte de desbloqueo artístico. Pensei en que deberíamos mesturar a nosa propia música con outras producións e propúxenlles facer un DJ set de Prímula; pero soamente para experimentar artísticamente. O que pasou e que tivemos resultados incríbles. Así que comezamos a producir emulando os sons daquelas mesturas.
Lindisfarne saíu como unha maneira de aunar todos os proxectos que saían do estudio no que traballabamos xuntos. De momento levo o selo eu só e publico a miña propia música, aínda que plantéxome incluir a máis xente no futuro.
2, O nome de Lindisfarne, ten algo que ver con o castelo de Lindisfarne? Por que ese nome?
Ven dun tema de James Blake. Cibrán, de feito, ten unha frase tatuada no brazo. É como unha cousa interna nosa. Non é con unha intención de facer unha referencia céltica, imaxino que algunha xente o interpreta así.
3. O nome do álbum, que tamén é o teu apelido, é dalgún xeito una forma de honra a túa familia?
Bueno, un pouco sí; á familia da miña nai. É o meu segundo apelido. Non o pensei moitísimo pero sí que me gusta o significado. Creo que lin que cernadas son as partes non disoltas das cinzas que quedan no campo despois de quemar os restos da colleita.
De ahí o videoclip?
Sí, é unha referencia.
4. Gústame moito o imaxinario que empregas para os discos e, en xeral, nas plataformas tanto do selo como de artista. Refírome as fotografías que fan referencia ó campo e ao traballo de campo. En concreto á actividade da recollida e aos sons que se cantan durante a mesma. Ademáis de vídeos nun estilo “caseiro” ou que encadran na estética de “faino ti mesmo” (do it yourself); como por exemplo o vídeo promocional do álbum no IG de Lindisfarne. Existe unha exaltación da clase traballadora no teu traballo?
Ah! Pois non foi algo consciente pero gústame a idea.
5. Non sei se ti as participado algunha vez na recollida. Eu non, son de Santiago e nunca tiven que traballar no campo. Gústame a música tradicional dunha maneira completamente conceptual. Fascíname a súa conexión ca historia e ese método crudo, case tribalista, nos ritmos e cánticos. En ocasións síntome dividida porque non sei se a miña despertenza a estas costumes tradicionais aléxanme do seu significado ou polo contrario fan que as perciba cunha nova perspectiva que axuda resignificalas sen por iso destruir a súa esencia. Tes pensamentos parecidos?
Claro! Eu son consciente de que me estou apropiando dunha cultura que a min non me tocou tan de cerca. Téñolle moitísimo respeto a todo o mundo da tradición, pero tamén penso que está ben utilizalo de xeito que sexa un concepto flexible. Quero dicir, sí que é un pouco apropiarse, pero se o pensas… por exemplo, eu formándome no clásico pensaba moitas veces: “cal é a miña música?”; e, con este disco sí que cheguei a ese punto no que sento que é meu, que me representa. Ó mesmo tempo é extraño, porque é un disco que céntrase na tradición que é unha esfera á que eu tiven que chegar dando unha volta enorme. Por exemplo, sei que a miña avoa era pandereteira, pero eu non tiven para nada esa educación musical.
6. Consideras que esta nova fascinación cara a música tradicional pode ser unha resposta á globalización cultural? Unha última loita por protexer a identidade cultural?
Pois supoño que si. O único que me daría pena de estar todas facendo mesturas ca música tradicional e que ó final isto desdebuxase a música tradicional de verdade. Que alguén pense que esto é a tradición. Aínda que é moi difícil controlar o que interpreta a xente.
7. Como comezaches a interesarte pola música?
Eu comecei a estudar no conservatorio sobre os dez anos, pero fíxeno como unha actividade máis extraescolar, a mítica cousa que fas de pequeno. Como se me daba ben, seguín. Pero non foi ata os anos antes de entrar ao superior que comecei a sentir unha paixón máis sincerae a atopar tipos de música que me gustaban máis. Sinto que no conservatorio non nos estimularon moito para que fixéramos os nosos propios proxectos. Tardase bastante en aprender a gravarse a un mesmo, por exemplo. Así que para min estudar música era como unha actividade desligada do ocio, do que me gustaba de verdade, o cal está fatal. Hai moita xente que remata o superior odiando o seu propio instrumento. Porén, según fun aprendendo a producir de forma independente comecei a disfrutalo de verdade. A producir aprendín sobre todo gravándome a min mesmo.
8. Que programas empregas?
Pro Tools e antes curraba con Logic. Tamén Ableton pero só para os directos.
9. En Abril do 2021 lanzaches o teu primeiro disco, CERNADAS, e catro meses despois xa eras parte da programación do festival de música de vangarda Mutek, en Barcelona. Como viviches esta reacción ó teu disco?
Non o esperaba para nada. Ademáis levaba moitísimo sen tocar en directo e tiven que facer por primeira vez o directo do disco. A verdade foi moi guay que Fransy viñera conmigo porque fixen algúns temas máis con ela no directo, que seguramente os acabe publicando nun vinilo próximamente.
10. Normalmente gravas os directos?
O que fixemos en Mutek si, pero o do festival Curtocircuito non; e foi unha pena porque empregamos o órgano da Igrexa da Universidade. Pero bueno, seguramente volva a intentar gravalo co órgano dalí e así rescatar un pouco do que fixemos no festival.
11. Con quen vas a colaborar (ou gustaríache colaborar) no futuro?
A verdade é que xa teño dúas colaboracións, pero de momento non se pode dicir nada.
12. Teño dúas cancións favoritas no disco, “Santa Sabina”, para escoitar e “Boa”, para bailar. Ti tes favoritas? Algunha que asocies a un significado concreto?
A mín gústame moito “Santa Sabina” pero encántame “A Coda”, o último tema. Non teñen un significado literal para mín, pero, por exemplo, “A Coda” emocióname moito. Está toda feita cun sample dunha nota final cantada de Fransy.
13. Tes algún festival en mente do que te gustaría formar parte no futuro?
Sí, de todos! (risas) Home, estaría incríble ir a Sónar ou o WOS, por exemplo.
Para escoitar e comprar “Cernadas” en Bandcamp
IG de CRNDS
Youtube
Próximo evento: