• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

Roi – Crunia, cidades en 2.0

19 Agosto, 2021 by Ruido de Fondo Novas
Armado de razóns no seu retorno á cidade, Roi pica o compás en Crunia, EP marcado pola dimensión xeográfica dun sentimento que volve ser urbano.
Crunia é o resultado de saír do bosque para adentrarse de novo ao mundo. Desde a súa renovada visión, conecta materia e espírito a través dun ritual sci-fi pagán que nos devolve a Roi ao corazón da rúa, vagando por cidades intoxicadas de encantamento androide.
Desde que, hai uns anos, tomou a decisión de afastarse do ruído urbano para marchar a vivir á costa de Dexo, xurdiu a necesidade de reflectir a súa florecente sensación de liberdade, rexistrada en Deixo EP, anterior traballo que incide nas claves derivadas do autoconocimento nado do illamento, antes de preparar o retorno á xungla de asfalto.
Seguindo o guión da súa historia, chega este novo capítulo musical: continuación e ruptura ao mesmo tempo. Aventura cara á extroversión, de volta á discoteca urbana das megalópolis, onde o son dunha natureza 2.0 segue estando presente, aínda que desde o interior de novas viñetas de pulsión máis aberta á éxtase física.
Construcións de ósos galvanizados en nervio Cybotron e texturas fibrosas, ondulando entre brumas de atmosfera narcótica e profundos renxidos rítmicos de evocación cristalina. Como nadar nun fiordo selvático. Ou o que se entende como unha reconexión total con sensacións cuspidas a ritmo de beat ultra orgánico, enriquecidas pola achega dos remixes incluídos de “Maianca” e “Crunia”, obra de artistas tan brillantes como Carl Finlow e The Exaltics, respectivamente.
E iso é Crunia, o asentamento desexado, o retorno sen marcha atrás.
RRSS:  facebook   |   instagram  |   twitter   |    resident advisor   |    beatport    |  soundcloud
Back

+ENTREVISTAS

  • Camiño ao ZZEN. Entrevista con Russ.
    8 Novembro, 2022
    Entrevistas
    Teresa Ferreiro
  • Interview with Maxwell Sterling.
    1 Marzo, 2022
    Entrevistas
    Teresa Ferreiro
  • Entrevista a CRNDS: Sobre cinzas e identidade.
    1 Decembro, 2021
    Entrevistas
    Teresa Ferreiro
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS OS DEREITOS RESERVADOS –  RDF  © 2021

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale