Dende a súa Granada natal, Marien Novi iniciou a súa carreira musical no ano 2005. Pronto empezou a destacar pola súa coidada selección musical e o bo facer detrás dos pratos. O seu éxito baséase na fusión de ritmos empapados de groove con bases afiadas e fortes, que van desde o deep máis elegante ata o tech máis underground (Deep, House, Tech e Techno).
Marien Novi foi DJ residente en Eivissa na festa “POP STAR” Amnesia desde 2009 ata 2012. A finais de 2013, comeza a traballar en HOUSEPITAL, festa que ten lugar en Pacha Eivissa. Traballou á beira de artistas tan coñecidos como: UMEK, Pig & Dan, Eric Sneo, Óscar Mulero, Mendo, Gonçalo, Edu Imbernon, Deborah De Luca, Wally Lopez, etc.
Proba do seu ascenso nos últimos anos foi o traspaso de fronteiras que experimentou coa súa música, actuando en cidades como Doha, Dubai, Moscú, San Petersburgo, Ekaterimburgo, Milán, Nuremberg, Tanger, Viena ou Graz. Ademáis de actuar en festivais como KLUBBERS DAY FESTIVAL ou ARENAL SOUND.
Durante o 2016, lanzou tres temas: “Feelings” con Prison Entertaiment, “Desert Rose” con Samui Recordings e”Illusion” con Prison Entertaiment. Nos últimos anos, orientou a súa carreira cara a un estilo moito máis underground.
A continuación, falamos con ela sobre a súa carreira e a súa perspectiva respecto a a industria:
1. É posible triunfar como DJ sen ser produtora? Pois a verdade é que ti podes ser moi boa Dj, e non ser produtora e viceversa. Pero cada vez hai máis competencia, e a maneira de diferenciarse dos demais e chegar a mais xente é a través das producións musicais.
Eu penso que para triunfar hoxe en día, nestes tempos de pandemia, non basta só con ser boa DJ, entran máis cousas en xogo: as producións musicais, unha boa estratexia de Marketing Dixital, crear contido de calidade para as redes sociais, etc…
Depende do volume de traballo que teñas. Se xa es un Dj coñecido cun numero de datas relevantes, tes que producir, preparar podcasts, entrevistas para medios de prensas, fotos, ́ streamings, etc… Chega un momento no que non podes estar pendente de todo e necesitas unha persoa da túa enteira confianza que mire polos teus intereses coma se fosen os seus propios.
É moi importante ter un BO MANAGER e un BO EQUIPO detrás do artista (Axente de booking, axente de prensa, circuíto manager, creativo, departamento de loxística, etc…)
3.Na miña experiencia, a pesar de que cada vez hai máis diversidade de xénero e razas nos carteis, existe unha falta total desta diversidade entre as organizacións que toman as decisións como, por exemplo, en festivais e radios. Qué opinas sobre isto? É posible que sempre predominen perspectivas de homes brancos porque son os que toman a maior parte das decisións?
Eu realmente non o vexo así, creo que ten que ver máis con quen ten os medios para realizar un festival que por outra razón, non creo que a cor da pel teña nada que ver.
4. Qué recomendación lle darías ás produtoras que están empezando?
Que se formen moi ben, que prioricen a calidade á cantidade, porque as súas producións van ser a súa carta de presentación ao mundo, que teñan constancia e paciencia, que facendo un bo traballo, ao final, obtense a recompensa.
5. Cómo foi que Brian Cros te recrutáse para ser DJ residente en Amnesia?
Pois estaba a pinchar en “Mandala Beach Mojacar” de dj residente, Brian chegaba como artista invitado e eu lle facía o warm up. Cando rematei o meu set, Brian díxome que lle gustara moito e que me quería facer unha proba en Amnesia. Foi o 23 de Agosto do 2009, recordo que cando me subín á cabina tremíanme ata as pestanas, pero en canto vin a reacción da xente, sentínme máis segura e goceino moito.
Cando acabei a miña sesión, Brian achegouse a felicitarme. Recordo que me deu un abrazo e díxome que lle encantara a todo o mundo e estiven 4 tempadas pinchando en Pop Star de dj Residente.
Sempre estarei agradecida a Brian por darme esa oportunidade.
6. Traballaches con varias estrelas do pop como Pitbull, Marta Sánchez ou Mónica Naranjo. Con todo o teu estilo móvese agora nunha esfera moito máis underground. Sentes que estiveches presente en ambientes moi distintos?
Realmente si e ten un “por qué”. O meu corazón é underground, pero a sala que me deu a oportunidade de pinchar é Mae West, que é totalmente comercial.
É difícil pinchando música comercial acadar respeto na escena underground. Tiven que elixir e dicir que non a datas comerciais e a programas de TV que me propuxeron e empezar de cero, pinchando o que realmente me gusta.
Foi un camiño difícil, pero ao final conseguino.
8. Existen estereotipos sobre os e as artistas de nacionalidade española na escena internacional?
Eu penso que non hai estereotipos, o importante é a calidade do teu traballo sen importar a nacionalidade que teñas.
9. Nos últimos anos viaxáches para pinchar en moitas partes do mundo, como Doha, Dubai, Moscú, San Petersburgo, Ekaterimburgo, Milán, Nuremberg ou Tanger; tiveches tempo de ver estas cidades e experimentar distintas culturas?
Sempre me gusta ver algo das cidades que visito, aínda que moitas veces o tempo non acompaña. Viaxar encántame e creo que enriquece moitísimo, coñecer outras culturas e puntos de vista diferentes, ábreche a mente.
10. Cánto tempo necesitaches ata comezar a producir temas que sentiches que merecían a pena?
Sinceramente uns dous anos, de feito hai temas méus que escoito agora e os cambiaría enteiros.
11. Cál é o mellor consello que che deron nunca?
Sé ti mesma e confía en ti. Hai xente que che apoia, e xente que non o vai a facer, que pensan que o que fas é unha tolemia e que a túa meta é inalcanzable.
Eu teño claro onde quero chegar e mentres consigo o meu obxectivo, gozar do camiño facendo o que máis me gústa, que é pinchar e producir e conectar co público a través da música, que é a miña paixón.
11. Qué plans de futuro tes?
Pois en breve sae á venda o meu novo EP xunto a Castellano, a través do selo “SkullLabel” base en USA, pero que pertence a Ushuaia Labelgroup, de Budapest. Rematei o curso de ARTISTA INDEPENDENTE, xestión e desenvolvemento dunha carreira en MUSIC BUSINESS ACADEMY, e empezo dous cursos mais con eles o día 15 de abril.
En Music Business Academy, temos o luxo de aprender de duas das persoas máis influentes na INDUSTRIA MUSICAL, como son ALEX MONTOYA E NICOLAS CASTRO.
E tratar cun equipo de grandes profesionais por exemplo Gonçalo, Teo Molina, Cristian Varela , Maya Hernandez Moreno, Daniel Rodriguez,etc… E ademáis entras a formar parte dunha comunidade onde conectan a profesionais do sector con estudantes e profesores, de maneira que todos poden beneficiarse.
Grazas pola entrevista e un Saúdo a todos xs lectorxs de Ruído de Fondo.
Teresa Ferreiro traballa en dirección e xestión cultural e xestión de medios. É escritora e editora en Ruido de Fondo. Doutora en Belas Artes e Estudios de Xénero (Universidade de Vigo) e é artista de cómic, ilustradora e DJ.
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale