• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

Mariana Enríquez & Dr. Alderete. El año de la rata

14 Decembro, 2021 by Marcos Gendre Biblioteca RDF
Non cabe dúbida de que cando estamos a falar de Mariana Enríquez estamos a facelo da escritora en mellor forma do panorama literario actual. Se o seu inconmensurable “Nuestra parte de la noche” (2019) levantouna a todo o máis alto da narrativa en modo novela, o que consegue “El año de la rata” é ratificala como mestra do relato ou microhistoria. Toda unha arte de francotiradora para o cal decidiu verter a faceta máis turbia do seu imaxinario.
Mariana Enriquez. Foto de Diego Paruelo.
Para esta ocasión, fíxoo en forma sci-fi urbana, nunha especia de ampliación distópica do que no seu día foron cómics como “Ranxerox”, pero dentro dun microcosmos onde o absurdo e a estrañeza vese acentuada polas ilustracións que acompañan o texto, obra de Dr.Alderete, que plasma os trazos máis vintage do seu peculiar estilo en carrusel transgresor, e estilista a partes iguais, o cal infestou de latex, nenos-topo e unha serie de personaxes recorrentes que acaban por conformar un imaxinario tan pop como desasosegante. Extremos dunha mesma corda de equilibrismo entre palabra de medio aceno e viñeta de neurotransmisores invertidos. Liserxia dun estilo altamente suxestivo e chamado a levantar bochas sobre veludo negro.
Jorge Alderete en Galeria Vertigo.
Pouco (e moito) máis se pode dicir dun libro de contos ilustrado como o aquí presente, mostra descomunal do talento atesourado por tan formidable dupla conformada para a ocasión. Unha que, visto os resultados, oxalá se volva a repetir, e pronto, a poder ser.
Marcos Gendre

Obseso crónico da espeleoloxía musical, autor dunha trintena de ensaios musicais e miles de artigos, en TiuMag, El Salto ou Rockdelux, entre outras publicacións.

Back

+RDF MAG

  • Cosmismo Ruso
    23 Marzo, 2022
    Marcos Gendre
  • El Callejón de las Almas Perdidas.
    1 Febreiro, 2022
    Marcos Gendre
  • Mariana Enríquez & Dr. Alderete. El año de la rata
    14 Decembro, 2021
    Marcos Gendre
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale