• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

JUAIT presenta SKKTT.

25 Abril, 2022 by Ruido de Fondo Novas
 SKKTT É o primeiro EP de JUAIT. No mesmo, tan versátil produtor explora as sendas da pulsión electrónica a través dun arco referencial tallado a base da colisión entre o mood de club e a inmersión en sonoridades máis ásperas e persoais.

“Neste traballo quixen plasmar todos os sentimentos e emocións que tiven no club, dos máis eufóricos ata o baile máis intímo”, comenta JUAIT.

Os tres tracks repasan influencias moi diferentes. Todo un mural en crecemento, de falanxes e encadeados rítmicos, que inclúen o tarraxo, os ritmos UK, as percusións e os ambientes máis dark. O obxectivo: mergullar ao oínte nun océano embebido nun caleidoscópico crisol de experiencias e estados emocionais xurdidos da ortodoxia dance.
Baixo a súa propia bipolaridade, establecida entre a euforia raver e a intimidade das atmosferas circundantes, SKKTT plasma a súa pegada nunha terna de variacións dunha personalidade cibernética única e resplandecente.
Back
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale