• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

Jëan Fixx “Shocking Dancers”, epílogo de “2084”

24 Novembro, 2022 by Ruido de Fondo Novas
Para todxs os que aínda non descubristes os praceres synth metamórficos de “2084”, Jëan Fixx bota o anzol con “Shoking Dancers”, epílogo arrebatador co que se marca unha nova distopía ambient tecno de sabor arrebatado e articulacións rítmicas fraguadas en éxtases cyborg. Todo o que rezuma de “Shocking Dancers” soa a compilación emocional da desbordante onda de sons mutantes destilados no seu primeiro LP. Un “2084” que agora ten continuación nesta memorable celebración dun álbum pleno de códigos sucintos á rave depechemodiana. Desde este enclave estratéxico, Jëan fixx reformula códigos de derribo emocional, en pos das sensacións máis puras, concentradas baixo o exuberante brillo cegador das luces de neón en hora de peche. Melodías aerostáticas que definen a viaxe iniciada con “Planeador”, prima irmá deste single co que Jëan Fixx subliña a particularidade de saber recoñecer trazos propios no espello dos seus irresistibles referentes do mantra dance.
Back
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale