• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

FOTOCOPIA presenta a súa maqueta debut.

28 Decembro, 2021 by Ruido de Fondo Novas

Unha demo con 5 temas de punk dixital e inmediatez EBM.

FOTOCOPIA é o mesmo, diferente. Atopar sentido na repetición e coller aire. Unha carta de rescate apurada, un manifesto nervioso, un slogan físico: que o ruído é a mensaxe.

A través da plataforma Interruptor, FOTOCOPIA presenta unha demo autoproducida de 5 cortes. Segundo o seu propio autor “Trátase de EBM mal entendido por un pailán de Ourense. Nas súas letras fala de bloqueadores de anuncios e casas a medio facer. Punk dixital que tenta ser honesto. Absurdo industrial de polígono rural.”
FOTOCOPIA vén doutros proxectos como Monstro, Uzumaki ou F.I.G.A. e estivo vinculado no pasado ao xa extinto colectivo PORNO.
Podes escoitar a maqueta de FOTOCOPIA en:

  • Bandcamp
  • Soundcloud
  • (a partir do 15 de xaneiro dispoñible en plataformas de streaming)
Back
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale