• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

Presentación “El trueno que sigue al rayo”

13 Abril, 2021 by Ruido de Fondo Novas
O sábado 17 de abril ás 12:00, na Fundación Luís Seoane da Coruña volvemos celebrar unha presentación, novamente nun territorio no que a historia da música electrónica deixouse notar con forza desde o seu desembarco no mesmo.
Por iso marchamos cara á Coruña, grazas á colaboración e o bo facer da xente de Fanzine.
E neste novo encontro acompañarannos 4 persoas que representan o pasado, o presente e o futuro da música de baile no país, 4 persoas ás que hai que agradecer excesivamente a súa grandísima achega á escena desde todas as frontes que o fixeron – e no noso caso tamén a súa colaboración con esta presentación–:
Roi Grobas. DJ, produtor, profesor e codirector do proxecto Fanzine –no que destacan o consolidado Fanzine Fest, o selo Fanzine Records e a súa escola de formación–.
Marcos Gendre. Xornalista de medios como O Salto, TiuMag ou Rockdelux e condutor, xunto a Teresa Ferreiro e Adrián Herrero, do magazine e o programa de radio Ruído de Fondo, un diario musical a contrafío.
Silvia Teijeiro. DJ, produtora e promotora (baixo o nome de Proxecto Inopia), fundadora do colectivo Twelve Inch e do selo Archaic Print Recs, é unha das grandes representantes da electrónica galega no presente.
Ino Plans. DJ, produtor, curador, locutor de radio e director musical e artístico de diferentes espazos, un dos artistas máis representativos da escena galega, cunha longa carreira ás costas.
Pedro José Mariblanca. Autor do libro
EL TRUENO QUE SIGUE AL RAYO. Breve historia de las músicas de baile tras la caída de la Ruta.
Back
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale