Chega o primeiro álbum longo de Jëan Fixx, cuxo título nace dunha alusión clara á novela de George Orwell “1984”, buscando recuperar a capacidade de imaxinar outros mundos posibles, aínda que non centrándose exclusivamente nunha visión distópica, fronte ao esgotamento e desánimo xeneralizado pola cantidade de material postapocalíptico que se está xerando actualmente.
Os 48 minutos que conforman este LP están ordenados por 9 capítulos, coma se dunha novela tratásese, e busca levarnos a un espazo tempo imaxinado, situado nun futuro relativamente próximo, onde o dixital e o orgánico fusionáronse para dar lugar a unha nova realidade. “2084”, é unha epifanía de ese tempo que está por chegar e que canto mais se achega menos certezas temos, pero do que podemos intuír certas señales, as cales nos mostran o camiño de retorno á esencia primigenia do re- trofuturo.
As atmósferas reverberantes que habitan este LP nos sitúan en pasaxes abstractas con inclinacións claramente emocionais derivadas das súas melodías sintéticas, que en combinación cos ritmos crebados que presentan a maior parte dos temas, remítennos a un mundo etéreo e cambiante en constante evolución.
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale