Neste mundo existe xente que agardan pasivamente a que algo suceda ou a que se produza un cambio e, posiblemente nunha porcentaxe menor, son as persoas que realizan estas accións. Russ está neste segundo grupo.
Russ é un diminutivo de Russinha, o proyecto musical da dj e produtora compostelá Marta Gilino. O pasado mes de Setembro publicou o seu primeiro traballo como produtora: ZZEN. Foi producido xunto ao produtor Juait no son e Celia López na artwork. Nun momento de extrema complexidade emocional na vida da produtora, desenvolveu un concepto que reflexa a súa intención de procurar o camiño cara a paz interior. Este reflexo materialízase en ZZEN. Un albúm que se atopa dentro da electrónica exploratoria, con sons oscuros, máxicos e salvaxes. Unha mestura de club deconstruido, pero tamén jungle, breakbeat e incluso ambient e noise. Un disco en vínculo ca nosa contemporaneidade e composto por 3 tracks que constitúen o camiño paralelo ao zen: Calella, Cafurna e ZBreak.
Dende o 2022 promove xunto a Carlos Gómez a festa de electrónica Bulla Barulla, centrada na posta en común de propostas musicais diverxentes. Bulla Barulla procura a construción de espazos seguros nos que crear comunidade.
Na actualidade combina o clubbing coa produción e deseño sonoro para a peza de teatro Códice-K da produtora galega Ainé, que se estrenará na primavera de 2023.
Temos o pracer de poder falar con ela da súa perspectiva sobre o mundo da música e da producción, sobre a súa obra, a necesidade de procurar cambios e outros temas de actualidade.
1. Comezaches a producir fai pouco pero levas varios anos traballando como DJ. Consideras que hai unha valoración diferente cara aos produtores que cara aos DJS?
Considero que o traballo das djs está infravalorado, tanto en termos de status como de caché.
Persoalmente tamén sentín a necesidade de comezar a producir para medrar. Pero a realidade, ao meu parecer, é que non fai falta ser produtora para ser dj ou para ter un bó perfil profesional. Hai moitas formas de pinchar e moitas artistas na escea que poñen moita creatividade e habilidade no djing e nos sets.
Penso que producir pode ser unha condición para quen o escolla como unha maneira de medrar e desenvolverse persoalmente.
2. En que artistas te inspiraches ao comezar a producir?
Produzo o que levo tempo escoitando e o que me gusta pinchar: o chamado “deconstructed club” e, en xeral, o son do universo underground de UK e de Brasil. Tamén me sinto moi ligada dende hai tempo a artistas do selo portugués Príncipe Discos e, na actualidade, ao selo asiático Svbcvlt. Gústame combinar líneas percutivas e baixos potentes con ambientes ou melodías que consigan chegarme e transmitir algo.
No que se refiere ao EP, penso que se inspira no traballo de artistas comoIgloghoost, Hudson Mohawke, 33EMYBW, Gooooose, Rilla, Coucou Clhoe e Two Shell, entre outras. Foi producido xunto a Juait, polo que sae dunha combinación do que nos gusta.
3. De onde vén o nome Russ?
Vén de Russinha, o nome co que me chamaban cariñosamente no Porto o tempo que vivín alí. Gustoume como nome artístico polo feito de que polo meu aspecto,si, é unha seña de identidade o parecer nórdica e tamén polas músicas que pinchaba no comezo, que era maioritariamente lusófona.
Este último ano Russinha derivou en Russ, nome co que agora me sinto máis identificada.
En galego “cafurna” significa cova e “calella” é un camiño estreito, os dous son títulos de dous dos tres temas de “ZZEN”. Que significados ten para ti este disco e que procuras reflectir a nivel estético?
Este traballo foi producido nun tempo moi duro, moi intenso e reflicte esa tentativa de buscar inspiración nese camiño, no transcurso de querer saír cara fóra, cara a superficie. ZZEN está composto por 3 tracks que constitúen o camiño paralelo ao Zen. O Universo en desencanto, a procura da continuidade e da sorte a través de ritmos rotos, do sampleo de elementos/ambientes enerxéticos e de melodías que emerxen dalgún lugar.
É intenso e emotivo pero tamén ilusionante.
5. Ademais de produtora e DJ, tamén organizas os eventos de música electrónica Bulla Barulla xunto ao DJ e produtor Charli. Bulla Barulla foi un dos primeiros eventos en Santiago que contou cun equipo de atención formado por voluntarixs que se ocupan da seguridade dxs presentes. Como naceu Bulla Barulla e como tentades garantir un espazo seguro?
Naceu a partir do desexo de proporcionar á cidade dunha maior diversidade musical dentro da escea do clubbing; e de tecer un lugar no que atoparse con propostas sonoras diverxentes. Bulla Barulla pretende ser un catalizador que apoie e se achegue a proxectos musicais desenvolvidos por artistas galegas e de fóra.
Do que foi a primeira Bulla Barulla no pasado mes de maio de 2022, nace un propósito cultural e activo que queremos que continúe medrando. Un proxecto no que teñamos a posibilidade de aprender a formular espazos seguros e no que a base sexa o respeto a todas as identidades, diversidades e corpos disidentes.
É por iso que consideramos que, un dos piares fundamentais no que BB se sustenta, é ao que lle chamamos “Acción Bulla Barulla: un protocolo de acción que puxemos en marcha para os casos nos que se puidera presentar unha situación de violencia e no que temos en conta traballar man a man xunto ao persoal da Sala Malatesta. Nel recollíamos aspectos como: ocupación de espazos, preguntar o pronome das persoas ao dirixirte a elas, respetar as persoas que están traballando, consumir responsablemente, e un protocolo sobre como actuar fronte ás agresións. Entre outros.
Para a segunda edición, que será o próximo 10 de decembro, queremos continuar elaborando colectivamente este plan de acción, xa que consideramos que o protocolo da primeira Bulla Barulla precisa ser revisado e actualizado por aquelas persoas que estén interesadas en formar parte.
6. En ocasións temos falado de que o cancro de moitas autonomías é a centralización industrial e cultural que existe cara á capital e outras cidades grandes. Por iso é especialmente importante para o pobo galego, e especialmente difícil, loitar por xerar industria e actividades aquí mesmo. Consideras que existe hoxe en día un panorama cultural e de música electrónica particular de Galicia?
Si, considero que podemos estar orgullosas. Hai unha escea rica e moitas persoas que están currando para dinamizala e sustentala: Akazie, Saya, Juait, Charli, crnds, Da Rocha, Yugen Kala, Teresa Ferreiro, o colectivo Malfario, as de Tr3mor, do Bombo a Negras… Son só algúns exemplos de compas, hai moitas máis!
Tamén penso que é moi importante o traballo feito por salas como Mondo Club por apoiar a escea galega e por invertir forzas en traer propostas sonoras e artistas doutros lugares. E o proxecto Flux Lux dos Yugen que está sendo alucinante!
7. Hai unha corrente de creadores de música electrónica en Galicia que se move entre os xéneros do breakbeat, noise, dance e mesmo jungle. Todos os xéneros que fan referencia ao Reino Unido. Algúns exemplos, ademais do teu álbum, son os artistas Juait ou Yugen Kala. Consideras que pode existir características culturais comúns entre a xente da zona do norte do Atlántico que se materializan nun gusto polos ritmos escuros, abrasivos e nostálxicos?
É unha boa pregunta. Despois de darlle varias voltas, creo que non é algo que se poida reducir unicamente a iso. Si considero que compartimos gustos e trazos culturais dunha cultura máis underground. Porén tampouco eludiría pensar en que é algo máis globalizado que temos en común con outros puntos do mundo. Actualmente, a través de plataformas como Bandcamp, entre outras, podemos ver que en outros continentes tamén hai unha tendencia por ese tipo de son e ritmicidade, como por exemplo o sello Svbkvlt en Asia.
8. Gustaríache enfocarte nun estilo ou estás aberta a explorar e cambiar?
Síntome en permanente cambio e movemento, penso que é parte da nosa natureza. Ir atopando novas referencias e influencias, gustos novos. Divertirnos.
É bonito cambiar e é bonito tentar cousas novas.
9. Nunha conversa que mantiven non hai moito cunha amiga produtora, falamos do peso que aínda ten a imaxe á hora de contratar mulleres. Así o reflicten e acentúan as plataformas sociais como Instagram. Unha persoa pode chegar aos 20.000 seguidores porque é unha boa influencer e ter eses números na súa conta abrirá moitas portas á hora de ser contratada en festivais. Como vives a realidade actual coas redes sociais?
Pois intentando manter a distancia. Si que é certo que é unha vía de contacto moi útil para contratacións pero tamén para establecer vínculos con outras artistas.
Sinto que a súa dependencia ao mesmo tempo fai necesario crear un equilibrio no seu consumo. Agora mesmo estou tranquila con iso, non teño interese en conseguir fama ou followers.
10. Que proxectos de futuro inmediato tes en mente e onde te ves dentro de cinco anos?
O inmediato é a próxima Bulla Barulla o día 10 decembro e, tamén, a creación do espazo sonoro dunha obra de teatro que se estreará en marzo. Estou feliz e emocionada pola confianza que depositaron en min para o deseño do son e tamén porque estarei formando parte a nivel escénico.
En canto a como estarei daquí a cinco anos…prefiro non sabelo. Gústame como está a ser o meu presente e síntome agradecida.
Teresa Ferreiro traballa en dirección e xestión cultural e xestión de medios. É escritora e editora en Ruido de Fondo. Doutora en Belas Artes e Estudios de Xénero (Universidade de Vigo) e é artista de cómic, ilustradora e DJ.
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale