• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

Alarido, Prima Fantastisch.

28 Xaneiro, 2022 by Ruido de Fondo Novas

Con esta receita inconfundible, estes dous funambulistas do absurdo kitsch cómico pop retornan tras un lustro sen noticias súas.

Falar de Alarido (Antes, Alarido Mongólico) é facelo dun par de transgresores dos consensos de comportamento do pop actual. Marcarras e doces, grotescos e alucinados, perversos e amorosos, o seu é unha exaltación do espírito Muchachada Nui en modo electrónico urbano, onde hip hop, house ou bedroom pop contornean e dan ritmo a unhas cancións xestadas desde unha lírica que abduce todo rastro de normalidade. A mesma que nos transporta a un imaxinario delirante de sexo chusco, feromonas reptantes, gabber gastronómico e toda clase de retrousos cuspidos coa frescura dos primeiros Beastie Boys e a puntería de quen fai todo acto creativo desde o burbulleo da excitación sen filtros.
Con esta receita inconfundible, estes dous funambulistas do absurdo kitsch cómico pop retornan tras un lustro sen noticias súas. E fano para pechar a súa etapa holandesa, sublimada coa explosión viral de “Bitterballen Donder Op”, por medio de “Prima Fantastisch”, single e videoclip no que se embarcan nunha viaxe de descubrimento espiritual nun lugar no que os cortes de pelo pódense devolver cun ticket, os kebabs prefírense sen pan de pita nin wrap e a xente mira e mira pero non compra.
– Vou mirar…si, está excelente. É fantástico.
– Precisamente, é fantástico.
Pero non o era. O que empezou sendo unha cita para un corte de pelo terminou sendo unha reserva de mesa para comer un kebab. Non era un kebab calquera, senón que estaba deconstruido dentro dunha caixa de papel de aluminio, mesturado coas patacas.
“Prima Fantastisch”, en todas as túas plataformas favoritas o 28 de Xaneiro. E o novo EP, “Costa Brabant”, en febreiro. Ist Fantastisch!
Back
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale