Celébrase a 34ª edición do Festival Internacional de Música, Danza e Cancións Populares, “Folk del Mundo”, do 1 ao 11 de xullo na provincia de Xaén. Coa presenza de Laura LaMontagne & PicoAmperio e Teresa Ferreiro.
Desde o eclecticismo de traspasar e xuntar fronteiras xeracionais e xeográficas, así se presenta esta nova edición do “Folk del Mundo”. Un festival que, para a ocasión, quixo apostar por grupos de Senegal ou Chile e a presenza de dúas propostas chegadas de Galicia, como Laura LaMontagne & PicoAmperio ou Teresa Ferreiro. Máis aló do coñecemento das danzas de *Álika, a proxección das tradicións na gastronomía e a homenaxe a Rufino Cevidanes, o verdadeiro prato forte confórmao a vía atlántica, na que Laura LaMontagne e PicoAmperio abordan campos musicais diferentes que oscilan entre a tradición galego-portuguesa das ‘cantigas de amigo’, ritmos electrónicos e ambientes íntimos provocados pola evolución de superficies de loops musicais. Poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín Codax; rabia e desasosego dunha viaxe turbulenta como a vida. Mesturando a tradición e a realidade maquinal e tecnolóxica para contar historias, simplemente, porque o necesitamos.
