Gustoume Jacques pola súa música sen realmente saber nada de Jacques, nin da súa filosofía, nin dos seus pensamentos, pero é importante coñecelos para entender a intención das súas creacións. Aínda hoxe en día – e a pesar do seu éxito na esfera da música electrónica – quizais este sexa un dos poucos artigos – senón o único – que haxa en español.
Jacques naceu o 18 de Decembro de 1991, orixinario de Estrasburgo (Francia) e fillo do músico Étienne Auberger, comezou tocando a guitarra no seu primeiro grupo, Rural Serial Killers, aos 14 anos. Aos 22 anos, xunto á súa noiva e un grupo de amigos, comezou unha okupa en París – Point G – e empezou a súa carreira como produtor en solitario. A esta mesma idade, comezou a dar TED Talks sobre o que tiña aprendido vivindo en comunas de okupas no lugar de ir á universidade.
O seu estilo musical atópase entre o techno ambiental e o noise, e créase a partir de sons atopados no día a día: un golpe nun prato, o son dunha tesoiras cortando, un ventilador, máquinas electrónicas ou o son chillón dun pito de plástico. Pero estas composicións – que entrelazan con elegancia o absurdo, o misterioso e o cotián – mostran unha sofisticación non só admirable a nivel técnico, pero que nos toca como un abrazo no momento adecuado.
O seu primeiro EP, Tout Est Magnifique (2015) non gañou a atención comercial pero si a absoluta fascinación de círculos interesados na música experimental. Neste EP, atópase a recomendadísima composición de 10 minutos e 10 segundos, L´Incroyable Vie des Choses, que, como o seu propio título indica, centra a nosa atención na incrible esencia das cousas cotiás.
Do 2016 ao 2018, entre unha multiplicidade de proxectos, gravou os concertos da súa xira mundial, un total de 125 pezas que se recollen nun álbum titulado Sous Inspi, que podedes atopar no seu Soundcloud:
En 2017, Jacques creou o seu single Dans a Radio (Pain Surprises Records) que traduciu a distintas versións. A internacional:
Pero tamén en chino, árabe, inglés, ruso ou español:
A finais de 2017 e ao día seguinte dos seu aniversario, anunciou a través das súas redes sociais que fora asaltado no seu estudo onde roubaron o seu equipo de gravación. Como resultado, anuncia o fin dos seus concertos ata novo aviso e abandona a cidade para irse a vivir a Marrocos onde comeza a levar unha vida discreta, pero sen desconectar completamente da súa carreira musical. Durante a súa estancia en Marrocos, colaborou en varios proxectos, entre os que destaca Salut c’ est cool, Superpoze, Agoria ou mesmo Gucci. Ao mesmo tempo, continuou co seu traballo non só musical pero tamén artístico, explorando o mundo da ilustración, a instalación e o vídeo.
Dous anos despois do roubo – en 2019 e o mesmo día do seu aniversario (o 18 de decembro)- Jacques rexorde ao publicar o vídeo de: “Hoohoohoo Hahaha”.
É probable que Jacques fose un artista ata certo punto mal xulgado pola súa estética. Xa que normalmente vincúlase o absurdo cunha falta de seriedade. Pero pódese atopar na súa música un tipo de compromiso, seriedade e beleza tan particulares que emocionan profundamente. O gran exemplo é o seu EP Tout Est Magnifique (2015).
Jacques non busca transmitir un pensamento concreto, busca atopar aqueles sons que viven en nós. Podes identificarte ou non cunha canción sobre o amor, sobre o éxito, o sexo ou calquera outra prioridade social; pero as melodías de Jacques van máis aló destes temas, que talvez simplemente sexan necesidades básicas. Necesidades básicas que todxs queremos e que nos gritamos unxs a outrxs desesperadas por conseguilas, ou afirmando que xa as temos. E entre todo este ruído Jacques gravou a un paxaro cantando. E sei que o que estou a escribir parece absurdo. Pero así de absurda é a vida. Entre todo este ruído existe un paxaro cantando e ese son é transversal. É recoñecido a través de diferentes culturas, persoas e momentos da historia. Sons para os que fomos programadas para reaccionar antes de ter nacido, e por tanto, trasládannos a un tipo de coñecemento ou de verdade sobre nós mesmas – como humanas – que transgrede calquera tipo de desexo superficial ou pensamento inútil. Sons que simplemente están aí e seguirán estando aí cando xa non esteamos neste mundo. E nese sentido, demostran un tipo de realidade inmensurable, eterna e fascinante que aínda que non comprendamos, captúranos e captúranos porque non podemos comprendela.
Jacques e o seu proxecto funcionan como un concepto a medio camiño entre o transcendentalismo e o transhumanismo. Os seus sons tratan de capturar a alma do mundo, e á súa vez a alma de cada unha de nós, porque – esencialmente- participamos no universo como unha forza complexa pero única e compartimos unha memoria universal. As reaccións humanas a estes sons – que actúan como símbolos de misteriosas ideas esquecidas pero coñecidas – unen ao público nun estado de satisfeita contemplación auditiva e reflexión. Jacques, a través dunha coidada atención a elementos costumistas – a aquilo que nos fai sentir presentes – crea unha oda á eternidade, ao que transcende.
Todo o mundo pode chegar a comprender o sentimento de sentirse inadecuado. De temer as túas propias palabras baleiras. De atopar paz na música electrónica porque, por unha vez, ninguén está a falar. É difícil poder comunicar algo relevante e hai unha gran valentía na xente que o tenta, consígano ou non. Pero non sería arriscado dicir que á maioría da xente que se identifica coa música electrónica e instrumental, inclínase en gran medida cara a este xénero pola forma na que se afasta do mundano, para precisamente reflexionar sobre isto mesmo.
Seica non é fermoso? É un medio estraño, a música electrónica. Feita por humanas pero afastada da humanidade. Destinada a que a xente proxecte o que queira nas súas melodías. É un momento máxico no que o mundo deixa de dicir superficialidades e só se escoita o ritmo, – como diría Eris Drew– o latexado que o envolve todo.
Nesta curtametraxe de Jacques, creado coa colaboración de GQ e Gucci, fai unha viaxe sonoro a Tánxer. Esta curtametraxe case funciona como unha confesión dos seus motivos como creador e de algunhas características da súa personalidade:
“Nun mundo ideal, eu non tería que falar nunca. Non sei… sinto que as miñas palabras son un insulto aos meus pensamentos. Coñeces ese sentimento de non ser capaz de poñer palabras a un soño que tiveches? Ben… síntome asi todo o tempo. Así que desexaría deixar de falar pero resulta nunha especie de vórtice, porque mesmo dicir que non quero falar, fórzame a falar. Por iso paso os días só. Cos meus obxectos. Creando música á miña maneira. Sen falar. Só sons.”
Jacques transforma unha debilidade – a incapacidade de expresar verbalmente as súas ideas – na súa fortaleza: comunicar a través da música.
Aínda que é preciso ter en conta que esta incapacidade de poñer certos conceptos en palabras moitas veces non se debe á falta de habilidade da persoa se non á complexidade do tema en si. Realmente hai cousas na vida das que é difícil falar, moitas veces polo noso propio descoñecemento sobre as mesmas. Con todo, nesta curtametraxe Jacques trata de crear unha canción precisamente sobre isto:
“…Desexaría que todo o que teño que dicir fóra tan belo, tan significativo que pagase a pena introducilo na miña nova canción. Pero definitivamente non o é. Desexaría poder poñerme en modo silencio a min mesmo e se tivese a necesidade de dicir algo, podería cantalo cunha melodía. (…) Un tío dixo unha vez, “o son é o que aparece cando esculpes o silencio” e gústame esculpilo cos meus obxectos. Fai esquecerme do mundo. Centrarme nas pequenas cousas. Desa forma, a vida tornase esta canción xigante que todo o mundo pode escoitar, e na que calquera son é benvido e na que as letras non son máis nada que palabras inútiles que cantamos cada día.
É unha canción que comezou antes de que eu nacese e que continuará cando morra. Pero, por que estou aquí tratando de capturala como testemuño da miña viaxe no mundo?
É só unha canción interminable.”
Aunque es preciso tener en cuenta que esta incapacidad de poner ciertos conceptos en palabras muchas veces no se debe a la falta de habilidad de la persona si no a la complejidad del tema en sí. Realmente hay cosas en la vida de las que es difícil hablar, muchas veces por nuestro propio desconocimiento sobre las mismas. Sin embargo, en este cortometraje Jacques trata de crear una canción precisamente sobre esto:
“…Desearía que todo lo que tengo que decir fuera tan bello, tan significativo que valiese la pena introducirlo en mi nueva canción. Pero definitivamente no lo es. Desearía poder ponerme en modo silencio a mí mismo y si tuviera la necesidad de decir algo, podría cantarlo con una melodía. (…) Un tío dijo una vez, “el sonido es lo que aparece cuando esculpes el silencio” y me gusta esculpirlo con mis objetos. Me hace olvidarme del mundo. Centrarme en las pequeñas cosas. De esa forma, la vida se vuelve esta canción gigante que todo el mundo puede escuchar, y en la que cualquier sonido es bienvenido y en la que las letras no son nada más que palabras inútiles que cantamos cada día.
Es una canción que comenzó antes de que yo naciera y que continuará cuando me haya muerto. Pero, ¿Por qué estoy aquí tratando de capturarla como testimonio de mi viaje en el mundo?
Es sólo una canción interminable.”
Poderíase dicir que todo o proxecto musical de Jacques é unha gran oda a esta canción interminable, que ao mesmo tempo, forma parte da mesma. Da mesma maneira que, cando escribimos sobre historia ou acontecementos pasados, recoñecemos o acontecido á vez que estes manuscritos tamén pasan a ser parte da historia e teñen a capacidade de transformala.
Ao comprender mellor os intereses de Jacques, tamén se comprende mellor a súa tendencia ao humor absurdo e como esta pasa a ser parte da súa estética. Jacques céntrase nas “pequenas cousas”, buscando a beleza. Buscando unha narrativa e un control sobre o mundo. Todas as persoas buscamos esa forma de organizar a nosa realidade coa ilusión de que, non só teña sentido, pero podamos controlala de certa maneira. Tratar de controlar a nosa felicidade. Pero Jacques o fai dunha forma moi fermosa e tamén moi sacrificada. É un artista que se illa en procura de paz e concordia. Que mira ao mundo e as súas incongruencias, que escoita a cantidade de ruído carente de sentido e o seu sistema de defesa é salientar o perfecto ridículo de todo este caos que pode chegar a ser a vida. Unha vida chea de incongruencias, de inxustizas, de situacións erráticas e superficialidades. E neste mar de desasosegos, quen non quixo algunha vez raparse a cabeza, illarse de todo, irse a vivir a algún lugar remoto, en soidade e rodearse de libros, crear música e pouco máis?
Eu si o pensei. Ti probablemente tamén. Pero Jacques fíxoo.
Como mentres escribo este artigo é o aniversario de Jacques. Escribo unha lista dos libros que pediu para os seu aniversario do ano pasado, que reflicten ben os seus intereses pola filosofía, a arte, a realidade virtual, o humanismo, a cultura ou a amizade, e poida que lle resúlten de interese a alguén máis:
Dominique de Gramont – O cristianismo é transhumanismo Pierre Teilhard de Chardin – O lugar do home na natureza Pierre Teilhard de Chardin – O fenómeno humano Pierre Teilhard de Chardin – Himno do Universo Henri Laborit – Deus non xoga aos dados Roland Barthes – O pracer do texto Roland Barthes – A morte do autor Gorgio Agamben – Que é o contemporáneo? Nietschze – Himno á amizade Simone Weil – Amizade Eric Schmidt – Como funciona Google
Por último, gustaríame incluír a definición de Jacques sobre música empuxada polo sentimento poético que lle define:
“A materia é lenta, a luz é rápida; entre eles está o son e, por encima deles, está a alma. Só podemos ver a luz cando toca a materia. E a música ocorre cando a alma toca o son”.
Teresa Ferreiro traballa en dirección e xestión cultural e xestión de medios. É escritora e editora en Ruido de Fondo. Doutora en Belas Artes e Estudios de Xénero (Universidade de Vigo) e é artista de cómic, ilustradora e DJ.
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale