• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

Este sábado 25 de Xuño celebra coas Hermanitas de la Rave o solsticio de verán.

22 Xuño, 2022 by Ruido de Fondo Novas
Este 25 de Xuño, de 00:00 a 5 am na sala Malatesta de Santiago de Compostela, o colectivo @Aquelarre_sistersofrave, despois de dous eventos en Madrid, retornan ao Norte para xogar en casa xunto ás compañeiras DJ MOURÆ e DJ e produtora Russ facendo un interesante B2B.
Aquelarre_ Sister of Rave ou Las Hermanitas de la Rave é un colectivo de mulleres DJ e organizadoras de eventos que celebran cada solsticio e equinoccio cunha elaborada festa temática centrada en techno, hardcore, jungle, drum& bass, afrohouse e música club deconstruída, entre outros xéneros.
Estas catro mulleres do norte teñen fixación por que exista unha narrativa tanto nas súas vidas como en todo o que xeran. Nas súas festas podes atopar sets eclécticos, enerxéticos e cheos de elementos pouco convencionais e significados tanto humorísticos como sensuais ou espirituais. Esta serie de eventos e as súas reminiscencias a rituais pagánicos, fan referencia á historia das bruxas, das mulleres silenciadas e, por suposto, ao feminismo.
Despois deste solsticio o seu próximo evento será o día do orgullo en Madrid na sala Republik e o seguinte está por confirmar en Barcelona. A súa intención é non parar nunca.
Aquí algunhas referencias:
– Vídeo da última festa: “ Equinoccio de Primavera”.
– Instagram.
Horarios:
00:00 – 1:00 GARRITA
1:00 – 2:00 AKAZIE
2:00 – 3:00 MOURÆ B2B RUSS
3:00 – 4:00 TERESA FERREIRO
4:00 – 5:00 HIPNAGOGIKA
En concordancia cos signos de lume e da noite e en vinculación coas cores da Anarquía, recoméndase vestir só de vermello, só de negro ou en ambas as cores.
Vémonos na pista de baile!
Compra a  túa entrada aquí.
Cartel por Roberta Vázquez.
Back

+ENTREVISTAS

  • Camiño ao ZZEN. Entrevista con Russ.
    8 Novembro, 2022
    Entrevistas
    Teresa Ferreiro
  • Interview with Maxwell Sterling.
    1 Marzo, 2022
    Entrevistas
    Teresa Ferreiro
  • Entrevista a CRNDS: Sobre cinzas e identidade.
    1 Decembro, 2021
    Entrevistas
    Teresa Ferreiro
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS OS DEREITOS RESERVADOS –  RDF  © 2021

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale