Fanzine Fest regresa cunha sesión especial na que Óscar Mulero presenta Monochrome AV.
• O Teatro Colón acollerá o próximo 4 de decembro, ás 20.00 horas, unha actuación do artista de música electrónica máis importante a nivel nacional na que dará a coñecer en directo unha experiencia audiovisual que aúna imaxes rodadas en 8 e 16 mm con dixitais e que se executa en tempo real.
• O evento impulsado por Fanzine Project mantén a súa aposta polo fortalecemento da escena electrónica de vangarda e non faltará á súa cita anual co público coruñés.
A cita coa mellor música electrónica de vangarda do noroeste peninsular regresa á cidade da Coruña. Fanzine Fest volve a escena cunha nova proposta adaptada ao contexto actual na que sintetiza o máis interesante do panorama actual a nivel galego e estatal. O fai cunha sesión na que o artista máis destacado da escena electrónica estatal, Óscar Mulero, presenta ante o público coruñés unha experiencia audiovisual única: Monochrome AV. Tras cinco anos nos que Fanzine Fest ofreceu ao público coruñés múltiples experiencias sonoras e visuais, o evento regresa cunha edición que aposta, de novo, por fortalecer a escena de vangarda en Galicia. “Fanzine naceu como aposta por poñer en relación ao tecido electrónico. A idea de expandir a cultura de vangarda e crear novos públicos sempre foi nosa prioridade. Por iso, a pesar das circunstancias actuais, queremos ofrecer unha sesión única que nos permita gozar na nosa cidade da mellor música de vangarda”, explica Pablo Cubeiro, impulsor xunto con Roi Grobas de Fanzine Project.
