Sons da Canteira é un festival de música galega organizado polo Concello do Porriño que se celebra o 28 de agosto na canteira en proceso de restauración de Vilafría. Arrinca a súa segunda edición cun cartaz de catro artistas galegos/as e unha artista internacional da música e da videocreación nunha contorna de grande valor, coa motivación da recuperación do territorio.
Actúan PONGO, BOYANKA KOSTOVA, VERTO, MOUNQUP (estrea do espectáculo MQAVS), a DJ TERESA FERREIRO e o OS PENEDIÑOS DE ATIOS. Todos eles proxectos moi persoais que achegan dalgún xeito a tradición galega e internacional á vangarda e á electrónica.
A muralla de pedra serve de singular escenario e sobre ela empregarase videomapping para que os grupos emitan as súas proxeccións.
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale