“There is a crack in everything, that ́s how the light gets in”
Ian McDonnell é un produtor irlandés que vive en Wicklow, preto de Dublín. Ademais dos seus lanzamentos en solitario como Eomac, tamén é a metade dos dúos Lakker, noeverything e Lena Andersson.
Cracks representa un cambio de escenario e un cambio de práctica con respecto aos seus dous álbumes anteriores, que foron conceptualizados desde o principio e gravados mentres vivía en Berlín. Pola contra, Cracks fíxose nunha fermosa zona rural de Irlanda, sen ningunha presión externa. Estas circunstancias permitíronlle a Ian limpar a pizarra e facer un álbum guiado polo seu estado de ánimo ̶ conectándose co sutil poder da súa nova contorna e reflexandoa ̶ en lugar de traballar para compracer as sufocantes demandas da vida de club.
Cracks tamén podería interpretarse como unha chamada de atención á nova onda de fascismo en todo o mundo pero a través dunha mirada positivista, que medita sobre os inevitables cambios cara ao progreso. Á vez que nos lembra que onde se fai opresión exércese unha resistencia.
Cracks refírese á frase de Leonard Cohen: “There is a crack, a crack in everything. That’s how the light gets in” (“Hai unha greta, unha greta en todo. Así entra a luz.”) e así como estende unha mensaxe de esperanza, faino nun ton que implica as reminiscencias de violencia que supón defender esta idea.
A música chega con profundidade e pasión, coa inclinación de Eomac polas bases contundentes e cheas de forza que sustentan as emotivas pistas.
O EP comeza co seu primeiro track “Mandate for Murder”, que cambia e repite a protesta de Akala sobre o racismo sistémico. Este audio lémbranos como a deshumanización das persoas é o mesmo que un promover sentenzas de asasinato: “when you refer to humans as cockroaches that ́s a mandate for murder”. O track rompe nun ritmo techno con reminiscencias breakbeat, hipnótico e agresivo que atrapa a atención desde o primeiro minuto.
