As producións de Lefrenk teñen unhas connotacións poéticas que conmoven. Os seus dous novos lanzamentos: Reflected e Inverted (dentro do EP Reflected) son un exemplo desta tendencia.
Aquilo que pode reflectir ten a calidade de devolver a enerxía ou a imaxe de quen se sitúa diante do obxecto, como un espello. En relación con esta idea, o tema “Reflected” arrástranos a un estado mental de introspección e transo. Poderíase argumentar que este tipo de techno progresivo existe para facernos flotar cara a un novo estado de consciencia. Un ritmo repetitivo que hipnotiza todo o corpo. Dalgunha forma, o toma e atrapa pero non dunha maneira opresiva. Ao contrario, “Reflected” sedúceche suavemente con brisas melódicas ascendentes e susurros de voces graves e misteriosas, que che empuxan a relaxarche e envorcarche sobre ti mesm@. Mentres que algunhas persoas adestran na súa meditación, “Reflected” é un aliciente para a meditación máis orgánica que existe.
Dunha maneira similar, “Inverted” tamén consegue que che esquezas de ti mism@. Trátase dunha melodía que che convence no primeiros tres segundos: atmosférica e hipnótica, constrúese sobre lánguidos momentos climáticos que fusionan sofisticados acordes de violín con escuras notas de sintetizadores.
O produtor Slave of Phase, aka Emilio Abal Gómez – antes coñecido polo nome artístico de Erreome-, debuta en Deep Different co seu EP Behind the Lines.
Nun acertado inicio de album, o primeiro tema, “Mercury”, rompe cun golpe de base en reverb e gravacións de voces espaciais, coma se se tratáse da retransmisión do lanzamento dunha nave. Xunto ao bombo de base, a acelerada repetición dos hats dálle unha tonalidade bailable que se achega ao house tropical. Con todo, nun plano case imperceptible óese unha sirena e a melodía de tinguiduras cósmicas transmite unha idea que cabalga entre a espiritualidade e o belicismo interestelar.
Slave of Phase cambia radicalmente o humor co segundo tema, “A Long Winter” (un inverno longo), un título non só apropiado para o contexto social actual senón tamén unha perfecta alegoría das sensacións que esperta. “A Long Winter” é o tipo de techno progresivo que se che atopa volvendo a casa ás catro da mañá e con frío pode facerche chorar. Chorar sen motivo claro, e pensando naquilo que é belo e estraño. Tras un clímax que se constrúe a través de bases afogadas, melodías cheas de eco e hats nítidos que se expande no aire, existe un momento de paz no que voces humanas, risas, badaladas e outros sons atmosféricos mestúranse de maneira confusa, pero sutil e intimista.
Deep Different é un selo que – desde o 2011 – fixou a súa atención en seleccionar e promover música que se move entre as diferentes esferas do house e o techno, con preferencias polo estilo deep, ambiental e progresivo. Levou isto a cabo con gusto, paciencia, orixinalidade e sofisticación. En engadido, – e para a sorpresa da xente que os descobre – isto orixínase desde un recuncho do planeta que moitas veces é pasado por alto, e desde un punto de vista que, para ben e para mal, está culturalmente dominado pola melancolía. Un factor que fai que tod@s nos sintamos identificad@s.
Teresa Ferreiro traballa en dirección e xestión cultural e xestión de medios. É escritora e editora en Ruido de Fondo. Doutora en Belas Artes e Estudios de Xénero (Universidade de Vigo) e é artista de cómic, ilustradora e DJ.
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale