Bulla Barulla é un novo evento con orixe en Santiago de Compostela que nace coa intención de achegar horas de expansión de alegría, de baile, así como a oportunidade de ofrecer novas perspectivas musicais e de coñecer novas artistas tanto dentro de Galicia como fóra. A súa visión aposta por romper algunhas das dinámicas máis rancias da escea nocturna, apostando por políticas inclusivas tanto no programa do evento, como dende a organización, que neste momento está integrada pola DJ ̵̵ e próximamente produtora ̵̵, Russ o promotor e DJ Charli, alias 3SX3S0, contando coa deseñadora gráfica Claudia Pérez e un grupo de voluntarias.
Bulla Barulla presenta para a súa primeira edición:
– EQX (live) (Buenos Aires/Galicia).

– Dalila (dj set) (Sevilla).

DALILA comezou como selectora de vinilos en 2018, pinchando nas súas sesións unha mestura entre bogaloo, salsa, cumbia, jazz afrocubano, flamenco, rumba e caño roto. Posteriormente, deu o salto ó mundo do club, componendo sets enerxéticos que mesturan electro, e cargados de reminiscencias da súa adolescencia dosmilera.
– Beatrix Weapons (dj set) (Murcia).

Beatrix Weapons é produtora de música experimental ademáis de artista visual. O seu estilo cruza transversalmente varias capas de xéneros, dende IDM melancólico ata tecno industrial pesado, aderezados por sons glitch e bases de breakbeat. Pertence a Women in Experimental (Música Dispersa), unha plataforma dedicada a xuntar produtoras e DJs a nivel nacional e internacional para dar visibilidade a proxectos tan transgresores como o de Beatrix. música electrónica a 200 BPM e voces profundas que se mesturan con sons que nunca pasarán de moda, porque segundo a artista, son sons que “aínda non chegaron”.
Youtube.
Soundcloud.
– Russ B2B 3SX3S0
