• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TENDA
  • CONTACTO
  • CAS

BELISAMA. Boiler Room x Sisters of Rave.

19 Xuño, 2023 by Ruido de Fondo Sen categoría

O vindeiro 1 de xullo en Santiago de Compostela celébrase o primeiro evento Boiler Room que se celebra en Galicia baixo o nome de *Belisama*, comisariado pola artista e DJ Teresa Ferreiro do colectivo Sisters of Rave  e en colaboración con Jameson.

Dentro do politeísmo celta, Belisama era unha deusa relacionada co traballo manual, os lagos, os ríos, o lume e a luz. Unha das interpretacións do seu nome é “*moi forte*”. O concepto deste evento céntrase no poder e talento dos artistas do Noroeste e da zona atlántica da Península.

Sisters of Rave. Foto de Cristina Without.

A Razón.

España é un país con políticas de centralización como moitos outros. En Galicia, Asturias e outras zonas do Noroeste, moitos dos nosos recursos e da nosa industria están destinados a Madrid e outras grandes cidades. Hai un patrón nas políticas do país que facilita a emigración de xente nova e talentosa, en lugar de procurar manter a súa propia autonomía e riqueza. A pesar diso, todo o Noroeste e a zona atlántica (Portugal, Galicia e Asturias) teñen, ademais de elementos culturais comúns, unha longa tradición de artistas e un interese pola promoción da cultura e das artes. Belisama ten como obxectivo crear conexións entre a zona atlántica peninsular e celebrar a súa multiculturalidade. Ao mesmo tempo, Sisters of Rave é un colectivo que busca promover a muller dentro do mundo da música electrónica e outras persoas con menor representación no sector.

Cora Novoa. Foto de Benova Studio.

PROGRAMA:

Cora Novoa (Galicia), Violet (Portugal), MounQup en directo (Galicia), Clara! (Galicia), Garrita (Asturias) y Teresa Ferreiro (Galicia).

Warm up: Saya (Galicia) e Hipnagogika (Galicia).

A artista performática e DJ Mouræ (Galicia) será a presentadora da noite.

Violet.
MounQup.
Clara! Foto de Jente Waerzeggers.

Belisama non está baseada nun xénero musical concreto, pódese comezar a noite escoitando afrohouse, continuando con reggaeton e un concerto en directo de electrónica alternativa e rematando con techno e hardcore.

Saya. Foto de @aigiboga.
Saya. Foto de @aigiboga.
Mourae.
Mourae.

Boiler Room x Sisters of Rave: Belisama,  terá lugar o 1 de xullo na Sala Malatesta (Santiago de Compostela) en horario de 21:30 a 3:30 horas. Este evento é gratuíto e o acceso estará limitado á xente con invitación (RSVP) e baixo a política de deixar pasar aos primeiros en chegar (vide a primeira hora).

Pódese pedir invitación a través da web de Boiler Room, tedes o enlace na bio de @sistersofrave .  Unha vez pidades a vosa entrada, se sodes seleccionadas, enviarase a invitación ao voso correo un pouco antes do día do evento.

Alí nos vemos para vivir xuntas este momento histórico!! (aperta virtual).

Puedes seguir a Sisters of Rave en IG y Youtube.

Back
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale