• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TIENDA
  • Contacto
  • GAL
SINSAL LITORAL
Privado: Laura LaMontagne & PicoAmperio
24 julio, 2020
8:30 pm
REDONDELA
Centro de Interpretación de Meirande (Redondela)
Entradas
Sinsalaudio explora novos escenarios en 2020 co festival  Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, do mércores 22 ao domingo 26 de xullo. Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero, Modulador de Ondas e Trilitrate.
Encontros de pequeno formato ao redor da música, do patrimonio natural e industrial, coas xentes que os habitan e, en todos eles, o mar de preto. Sinsal Litoral SON Estrella Galicia quere ser un espazo de reflexión sobre os retos da cultura na Axenda 2030 e con actividades paralelas pola divulgación do noso patrimonio industrial e natural, construíndo unha programación cálida, de proximidade, proporcionando confianza, seguridade e atractivo para o público. É Sinsal Litoral un festival de pequenos foros, non só como manda o sentido común  neste momento que vivimos, senón como é tamén marca da casa.
20:30 Concerto: Laura LaMontagne & PicoAmperio
Meirande. Escenario SON Estrella Galicia
A poeta e cantautora galega Laura LaMontagne (Lugo, 1993) forma xunto co produtor e picadiscos PicoAmperio un singular duo no que mesturan cantigas medievais de Martín Códax e textos de Lorca ou Val del Omar con música sintética e ritmos urbanos. Xuntos ofrecen a súa particular visión do folclore despois de pasalo por filtros da electrónica, o hip-hop e o trance até dar con algo totalmente novo.
Capacidade: 75 persoas
Prezo: 10 euros
Entrada reducida menores 16 anos (prazas limitadas): 5 euros
O acceso dos menores de 3 anos (inclusive), compartindo cadeira, será de balde.
Back
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale