
34 FESTIVAL NOROESTE
Privado: Laura LaMontagne & PicoAmperio | |
7 agosto, 2020 | |
8:00 pm | |
A CORUÑA | |
PARQUE SANTA MARGARIDA |
Comunicado Festival Noroeste Estrella Galicia:
Queriamos gozar con vós do Festival
Iso levounos a reformular esta 34 edición cara a un formato XS. Pero sabiamos que, se a situación sanitaria se complicaba, a posibilidade de que o festival se vise afectado estaba no horizonte.
Lamentablemente aconteceu. A responsabilidade só nos pode levar a tomar a decisión de suspender o espectáculo, que esta vez non pode continuar.
Amamos a música, pero a saúde é o máis importante.
Os acordes volverán soar, pero mentres coidémonos!
—————-
Laura LaMontagne comeza o seu proxecto con PicoAmperio en xullo de 2019. Na súa proposta mesturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Códax, Airas Nunes, Rosalía de Castro ou Fernando Pessoa. Melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmosferas rascadas son elementos pilares da súa particular expresión artística. Con impulso Beatnik, mostran a rabia e o desacougo dunha viaxe turbulenta coma a vida.
Durante este primeiro ano de vida, pasaron por festivais coma Atardeceres no Gaiás, Agrocuir, Eidos Fest, Cantos na Maré e San Froilán. Aportaron música á apertura da exposición Galicia. Un relato no mundo, pasaron polo programa musical FEEEL, da canle BETEVé de Barcelona, polos ciclos MUBEA na Alhambra en Granada e conseguiron o primeiro posto na lista 10 Demoscópicos Galicia-Castilla León 2019 de Mondosonoro. Neste 2020, o seu proxecto é finalista na VII edición dos Premios Martín Códax da Música, na categoría de Músicas Urbanas.
Como acontece co resto dos espectáculos das Festas de María Pita 2020, os concertos do 34 Noroeste Estrella Galicia contarán cun aforo limitado a un máximo de 400 persoas. Todos os concertos serán de balde, pero haberá que reservar entrada previamente.