• ARTISTAS
  • MAG
  • RDF RADIO
  • CICLO VANGAL
  • TIENDA
  • Contacto
  • GAL

Bulla Barulla estréase este venres 27 de Maio na Sala Malatesta.

24 mayo, 2022 by Ruido de Fondo NOTICIAS
Bulla Barulla é un novo evento con orixe en Santiago de Compostela que nace coa intención de achegar horas de expansión de alegría, de baile, así como a oportunidade de ofrecer novas perspectivas musicais e de coñecer novas artistas tanto dentro de Galicia como fóra. A súa visión aposta por romper algunhas das dinámicas máis rancias da escea nocturna, apostando por políticas inclusivas tanto no programa do evento, como dende a organización, que neste momento está integrada pola DJ  ̵̵ e próximamente produtora ̵̵, Russ o promotor e DJ Charli, alias 3SX3S0, contando coa deseñadora gráfica Claudia Pérez e un grupo de voluntarias.
Bulla Barulla presenta para a súa primeira edición:

– EQX (live) (Buenos Aires/Galicia).

EQX, abreviatura de Equidade. É o resultado da unión dun produtor bonaerense e unha cantante galega que uníronse co desexo de mergullarse nun mar de fusións experimentais que non discrimina xéneros. Os seus sons poden definirse como unha mestura de avant-pop, jungle e breakbeat.
Bandcamp.

– Dalila (dj set) (Sevilla).

DALILA comezou como selectora de vinilos en 2018, pinchando nas súas sesións unha mestura entre bogaloo, salsa, cumbia, jazz afrocubano, flamenco, rumba e caño roto. Posteriormente, deu o salto ó mundo do club, componendo sets enerxéticos que mesturan electro, e cargados de reminiscencias da súa adolescencia dosmilera.

– Beatrix Weapons (dj set) (Murcia).

Beatrix Weapons é produtora de música experimental ademáis de artista visual. O seu estilo cruza transversalmente varias capas de xéneros, dende IDM melancólico ata tecno industrial pesado, aderezados por sons glitch e bases de breakbeat. Pertence a Women in Experimental (Música Dispersa), unha plataforma dedicada a xuntar produtoras e DJs a nivel nacional e internacional para dar visibilidade a proxectos tan transgresores como o de Beatrix. música electrónica a 200 BPM e voces profundas que se mesturan con sons que nunca pasarán de moda, porque segundo a artista, son sons que “aínda non chegaron”.
Youtube.
Soundcloud.

– Russ B2B 3SX3S0

Ambas DJs e produtoras compostelás prepararán unha trampa deliciosa a catro mans que promete ter tanta sensibilidade como agresividade.
Unha tremenda peculiaridade para unha festa musical de club é que o evento estará amenizado pola cómica Cata Ukelele.
ENTRADAS.
Back

+RDF MAG

  • ˈSueñosˈ por Le Motel.
    8 marzo, 2022
    ARTÍCULOS
    Teresa Ferreiro
  • Grime de trinchera. Ellas mandan.
    9 septiembre, 2021
    ARTÍCULOS
    Marcos Gendre
  • Moscú: 24 hour Russki People.
    8 julio, 2021
    ARTÍCULOS
    Marcos Gendre
 
 
 
 

 EDITADO EN A CORUÑA POR RUIDO DE FONDO ISSN 2660-7905  – TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS –  RDF  © 2020

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.Vale